TANXUGUEIRAS

Tanxugueiras desvela “Terra”, o tema inédito co que loitarán por representar a España en Eurovisión

Por fin podemos descubrir como soa “Terra”, o tema co que o trío Tanxugueiras xogarase o representar a España en Eurovisión no Festival de Benidorm do próximo 8 de xaneiro.
 
A canción, publicada oficialmente este martes 21 de decembro ás 00.00 h, foi filtrada horas antes desde Nova Zelandia por un erro de Spotify. 
 
En palabras de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, “Terra” é “unha peza de esencia Tanxugueiras, unha canción empoderada, máis nós que nunca e con ritmos que poden chegar ao público”. O tema mantén a fusión sonora entre a música tradicional e as sonoridades electrónicas/urbanas que define a Tanxugueiras.
 
Se resultasen elixidas, Tanxugueiras converteríanse nas primeiras artistas en representar a España cun tema en galego.
 
Descubre xa como soa “Terra”: