Tanxugueiras

Tanxugueiras, gañadoras nos Premios MIN a “Mellor Artista Emerxente”

Compartir

Tanxugueiras proclamáronse vencedoras esta pasada noite 27 de abril ao “Premio IAE Á Mellor Artista Emerxente” durante a XIV Gala dos Premios MIN da Música Independiente celebrada en Pamplona.

Sabela Maneiro, Aida Tarrío y Olaia Maneiro competían na categoría co galego Baiuca, Aiko el Grupo, Chill Mafia e Niña Polaca. Finalmente o trío galego de cantareiras impúxose ao resto de nominad@s. Noraboa rapazas!

A gala tivo unha gran dominancia feminina nos premios, e é que Zahara foi a gran vencedora da noite con 6 galardóns (entre eles ao “Álbum do Ano” por “Puta”). Outras artistas premiadas foron Rigoberta Bandini, Maika Makovski, Rosario la Tremendita, Maria Arnal e Verde Prato.

A todas elas desde Descúbreas dámoslle os nosos parabéns polos merecidos recoñementos!

Preme no botón e descubre a tod@s @s premiad@s: