Tanxugueiras lideran as nominacións aos Premios MIN da Música Independiente

Compartir

Os Premios MIN da Música Independiente que cada ano organiza a Unión Fonográfica Independiente (UFI), acaban de desvelar a listaxe de nominacións para a súa nova e 15º edición, que terá lugar o próximo 17 de maio en Palma de Mallorca.

Tanxugueiras lidera o número de nominacións con 7:  Premio The Orchard ao Álbum do Ano por “Diluvio”, Premio Sympathy for the Lawyer ao Mellor Videoclip por “Averno”, Mellor Álbum de Música de Raíz, Mellor Álbum en Galego, Premio SAE Spain á Produción Musical, Mellor Letra Orixinal por “Pano Corado” e Premio Ticketmaster ao Mellor Directo pola  “Xira Midas”.

Na categoría de Mellor Álbum en Galego comparten nominación con Antía Muiño e Laura Lamontagne, entre outr@s artistas.

Parabéns dende Descúbreas e moita sorte!