Taylor Swift

Taylor Swift estrea “Wildest Dreams (Taylor Version)”

A estadounidense Taylor Swift acaba de estrear por sorpresa unha nova versión do seu tema “Wildest Dreams”, lanzado en 2014 como parte do seu disco “1989”.
Esta nova versión está producida por Shellback e Christopher Rowel (a orixinal contou na produción con Shellback e Max Martin), e formará parte do novo disco de Swift “1989 (Taylor’ s versión)”, que verá a luz proximamente.
 
En palabras da artista: “Se queren usar a miña versión de Wildest dreams para a tendencia slow zoom, aquí está. Alguén dixo que a cámara lenta zoom faiche sentir como un personaxe principal e eu digo: facédeo coa versión de Taylor, por favor”.
 
Xa podes escoitar a nova versión do tema aquí: