Triángulo de Amor Bizarro, nominados ao mellor álbum europeo do ano no Premio IMPALA

Os galegos Triángulo de Amor Bizarro formado por Rodrigo Caamaño (voz e guitarra), Isabel Cea (baixo e voz), Zippo (guitarra e teclados) e Rafael Mallo (batería) están nominados ao Premio IMPALA na categoría de mellor Álbum Europeo do Ano polo seu disco homónimo o ɹ ɹ ɐ z ᴉ ꓭ ɹ o ɯ ∀ ǝ ᗡ o ʅ n ƃ u ɐ ᴉ ɹ ꓕ (Mushrrom Pillow, 2020). Outros vinte e catro artistas compiten polo premio.

Triángulo de Amor Bizarro tamén recibía hai unha semana o Premio Ruido a Mejor Álbum Nacional 2020 que concede a asociación de Periodistas Asociados Musicales (PAM).