IMAGEN POST

Últimos días para inscribirte na II Edición Do Mentoring de Descúbreas: Así foi a I Edición

Compartir

Este próximo 11 de marzo remata o prazo de inscrición ao II Programa de Mentoring de Descúbreas

Conta atrás para inscribirte no II Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra. O próximo 11 de marzo remata o prazo para poder optar a ser unha das 8 rapazas mentorizadas desta nova edición.

 

O programa de mentoring de Descúbreas ofrecerá ás oito mozas seleccionadas acompañamento e impulso nos seus primeiros pasos na industria musical a través de sesións de mentoría con diversas mulleres referentes na industria musical, a gravación dunha canción nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Os dereitos de autor, o proceso creativo, a organización de grandes eventos, os concertos en directo ou a imaxe e marca persoal serán algunhas das materias sobre as que versarán as mentorías.

Cales son os requisitos para inscribirme?

Se tes entre 16 e 30 anos, resides na Provincia de Pontevedra e creaches ao menos unha canción, podes inscribirte no II Programa de Mentoring de Descubreas. Consulta as bases completas premendo no botón:

Onde podo inscribirme?

Podes formalizar a túa inscrición a través da web da Deputación de Pontevedra. Preme no botón para acceder a ela:

Tes dúbidas? Chámanos ao 986 804100 extensión 40870 (pola mañán)

Asi foi a I Edición do Mentoring de Descúbreas

O pasado 2021 arrancou a Primeira Edición do Programa de Mentoring de Descúbreas. Ali, Law, Eva, Xia, Inés, Sara, María e Aroa foron as 8 mozas elexidas que tiveron a oportunidade de dar os seus primeiros pasos na industria musical da man de mentoras como Patricia Hermida, Raquel Seijo, Andy González o Wöyza.  Descubre como foi o proceso, a gravación dos seus singles e videoclips e as súas impresións no video resumo da I Edición.

E se queres botarlle un ollo aos seus videoclips, visita a nosa páxina de mentoring para non perder detalle: