Uterzine e as Pioneiras do Punk

A cantas mulleres punks poderías nomear nun folio en branco? Algunha delas é instrumentista? Que historias poderías contar das súas traxectorias?

O libro Mujeres Punks: Las Pioneras de Nuestra Escena de Maritxu Alonso e Helen Sotillo móstranos a historia underground que permanece aínda invisibilizada. Cóntannos a historia de quince mulleres das bandas punk pioneiras do país.

Este libro está pensado tanto para as persoas adultas como para os máis peques. Composto por prólogo, ilustracións para colorear e biografías curiosas, o libro é unha invitación colectiva para reconstruír, facer visible e darlle cor a unha escena que desde os seus comezos foi diversa.

MÁIS INFORMACIÓN: