UXÍA e Cristina Branco estrean “Fado Convergente”

A cantora galega Uxía e a fadista portuguesa Cristina Branco presentan un novo espectáculo xuntas. “Fado convergente” é o nome do encontro de dúas das voces máis queridas da Península coas liñas do fado, do Zeca Afonso ou Rosalía de Castro e a lembranza e homenaxe ao querido mestre Carlos do Carmo.

No palco están acompañadas por dous grandes músicos, Bernardo Couto na guitarra portuguesa e Sérgio Tannus na guitarra, cavaquinho e viola caipira. A estrea deste novo espectáculo acontece hoxe, 23 de abril ás 19:00h, en Braga no marco do Festival Convergências Galiza-Portugal, que marca a súa séptima edición e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.