Uxia

Uxía estrea o videoclip de “Morenita” xunto a Javier Ruibal

Compartir

A artista galega Uxía acaba de estrear xunto a Javier Ruibal o orixinal videoclip de “Morenita”, un tema formado por un “collage poético” de versos de Lorca e Rosalía de Castro musicados pola artista con arranxos de Sérgio Tannus. O tema pertence ao disco “De Tu Casa A La Mía” de Uxía e Javier Ruibal, e o videoclip foi gravado no entorno de Santiago de Compostela, a Illa de Arousa e Jerez de la Frontera por Fefi Senlle e Ana Solini.

O guión foi creado por Senlle xunto a Larraitz Urruzola e a propia Uxía ,e as protagonistas son marionetas que representan a Rosalía e Lorca.

Non o perdas!