Vanesa Martin

Vanesa Martín estrea o videoclip do seu novo single: “La Fiesta Del Tutú”

A artista malagueña Vanesa Martín acaba de reeditar o seu sétimo álbum de estudio “Siete Veces Si”, e nel podemos atopar  “La Fiesta del Tutú”, un novo single inédito.

Producido por Pablo Rouss e cunha mestura de Felipe Guevara, o tema fala, en palabras da propia artista: “…De cando necesitas rescatar a alguén. Cando te ves cos focos nun escenario, de súpeto estás fantástico, é emoción pura, pero non podes perder de vista a realidade. Debes valorar o que tes.”

Jordi Vilella e Melania Valero asinan o videoclip, creado con trazos que van ilustrando a letra do tema. Descúbreo xa!: