Vega

Vega presenta “Un Golpe”, o seu novo single

Vega está de volta con novo single debaixo do brazo. “Un Golpe” é o primeiro adianto que podemos descubrir do seu próximo disco de estudio, que verá a luz en febreiro de 2022 da man do selo La Madriguera Records. O tema foi producido por Kike Fuentes, e a artista acompañou o lanzamento cun texto no que explica a intención e motivación da súa letra: “Necesitei darme moitos golpes no peito para reanimarme, para rearmarme contra a pena,a dor,a frustración,o medo,a desidia. Comecei a darme un golpe no peito para deixar de chorar e sacar forzas case como un rito tribal. Cada un deles facíame máis forte e esta canción naceu de golpe. Como un himno co que espertarme cada mañá. Había unha guerra que librar: sobrevivir. A dor da perda de tantas persoas que se marcharon para sempre non o vou a esquecer, pero dareime un golpe no peito cada vez que sexa preciso para lembrar que somos moitos os que aínda quedamos aquí.”

O seu videoclip, con clara inspiración en Mad Max, foi rodado no deserto de Tabernas en Almería baixo a dirección de Ezequiel González Enis. Non o perdas: