“Velutinas”, novo videoclip de Guadi Galego

Guadi Galego estrea novo videoclip do tema ‘Velutinas’ que é parte do seu álbum ‘Costuras’, estreado en novembro de 2020. 

Velutinas’ fala da ‘toxicidade vital’ facendo referencia a unha especie que tanto atormentou á ecoloxía en Galicia.

O videoclip foi realizado por Jairo Moreno e conta coa participación das actrices Ana Oca e Carlota Arana.