Vivir da música: realidade ou lenda?

O mundo da música e, en concreto, a industria musical, ten unha infraestrutura sólida e organizada. As oportunidades para desenvolver unha carreira musical son múltiples, do mesmo xeito que os roles que poderías desempeñar nos diferentes ámbitos da escena musical. Repasemos algúns deles.

Compartir

No ámbito creativo

Podes desenvolverte como autora e compositora de música, tanto para crear cancións para artistas, como para crear música para cinema, tv, series, para videoxogos, publicidade

Pero tamén podes crecer noutros ámbitos vinculados á música como o deseño gráfico, deseño audiovisual, comunicación e márketing… imaxínasche a cantidade de cousas que hai que facer para que todo este mundo funcione?

Por suposto, tamén podes desenvolverche como artista e lanzar o teu propio proxecto ou formar parte dun proxecto grupal. Ademais, se non che vai o de compoñer, podes converterche nunha intérprete especializándote nalgún instrumento e actuar en directo, xirar como música de escenario con algunha artista exitosa ou como música de sesión en gravacións.

Quizá che gusta o música pero prefires desenvolver as túas aptitudes …

No mundo da xestión e a organización

Debes saber que tamén hai miles de mulleres desempeñando labores moi importantes dentro da estrutura musical. Desde traballos de administración, ata responsabilidades de dirección xeral en compañías de música gravada, oficinas de management, editoriais musicais, medios de comunicación…

E, claro, non esquezas que para levar a cabo as gravacións, os concertos, as promocións… fan falta moitas persoas que coordinan procesos moi dispares no ámbito técnico (técnicas de son e iluminación), xestión de xiras e concertos, labores de promoción, descobre-talentos…

Como ves hai unha chea de persoas traballando para que a industria musical funcione e a máquina siga avanzando. Moitas veces, as menos, os proxectos alcanzan suficiente éxito como para chegar aos nosos oídos, pero, ao mesmo tempo, a música ten un carácter subxectivo e é moi complicado establecer uns criterios que nos axuden a “medir” se un proxecto vai ter éxito ou non.

Por exemplo… Rosalía foi eliminada dun concerto de talentos en Tv e anos despois converteuse nunha estrela internacional