Woyza

Wöyza estrea “Loitando Cos Demos”, tema conxunto con Rebeliom do Inframundo

Compartir

Wöyza, unha das mentoras de Descúbreas, acaba de estrear “Lotando Cos Demos”, un tema conxunto coa banda galega Rebeliom Do Inframundo que fala da loita cos demos internos cos que convivimos día a día cada un de nós. O tema foi gravado en Lume Sons por Fran Huxley, e Izan MG é o responsable da dirección do videoclip.

Wöyza, que tamén é a autora da letra, explicou que con este tema sincérase e quítase a coraza.

Descubre xa de “Loitando Cos Demos”: