Wöyza lanza novo single, “Ya no estás”

Wöyza estrea o primeiro single do seu próximo álbum. Ya no estás é unha canción emotiva e profunda sobre a perda dos nosos seres queridos e o seu recordo indeleble.

A voz da artista galega envólvenos nun beat suave pero firme, coros gospel e unha melodía edificante, nesta homenaxe ás persoas que se foron pero permanecen na nosa memoria e impregnadas na nosa personalidade.

Nos próximos meses poderemos escoitar máis cancións do novo álbum de Wöyza, un traballo que celebra os valores fundamentais da vida a través das mensaxes das súas cancións. Afrobeat, rap, soul e gospel definen os xéneros musicais deste novo disco, con composicións en castelán e portugués, e que nos mostran o traballo máis maduro e elaborado de Wöyza.