Wöyza ponlle voz á nova campaña de Turismo de Rías Baixas, “É o teu momento”

A Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR), que tivo lugar entre os días 19 e 23 de maio, foi o escaparate de lanzamento da campaña “É o teu momento”, coa que a Deputación de Pontevedra, a través dun amplo abano de propostas baseadas en emocións e experiencias, convida a viaxar a Rías Baixas.

En “É o teu momento” colaboraron a artista Wöyza, que poñerá voz á mensaxe, e a poeta feminista Lúa Mosquetera. A peza audiovisual é unha produción de Esmerarte Industrias Creativas.

Deixámosvos a continuación a canción “Libre” que é parte de “É o teu momento”.