Campo Estrelado

Wöyza & The Galician Messengers estrean “Campo Estrelado”

Compartir

Wöyza & The Galician Messengers, a nova formación galega que fusiona xéneros e expresións contemporáneas como o gospel, o hip hop, o soul e a danza urbana mesturados co patrimonio musical e inmaterial galego, acaba de lanzar o primeiro sinxelo do seu próximo EP : “Campo Estrelado”.

O tema é unha homenaxe ao Camiño de Santiago, e como a propia formación declara, está adicado “a Compostela e a beleza dos pobos dos camiños que chegan a ela. A tódalas esas persoas que conectan coa verdadeira riqueza desta experiencia. E por suposto é unha homeaxe o sacrificio, esforzo, liberdade e a espiritualidade da peregrinaxe que compoñen séculos de tradición, moito anterior a instauración da catedral de Santiago”.

O tema está composto e producido por Wöyza e mesturado por Pancho Suárez. 

Recorda que podes ver en directo a Wöyza & The Galician Messengers nas seguintes datas:

17/06/2022 – Festival O Son do Camiño, Santiago de Compostela

25/06/2022 – Wakau Urban Fest, Negreira

8/07/2022 – The Wild Fest, San Miguel de Oia

11/08/2022 – Auditorio Parque de Castrelos, Vigo

Non te perdas este “Campo Estrelado”: