wöyza-galician-messengers

Wöyza & The Galician Messengers lanzan o seu primeiro álbum

Compartir

Wöyza & The Galician Messengers debutan cunha proposta musical que combina as raíces da tradición galega con expresións musicais coma o hip hop e o soul.

O tema “Ay Deus Se Sab’ora Meu Amigo” parte dunha cantiga de Martin Codax incluida no manuscrito Vindel e o tema “Campo estrelado” é unha versión do clásico do 92’ de Emilio Cao con versos do poeta Uxío Novoneyra.

O álbum, de nome homónimo, pódese escoitar nas principais plataformas dixitais. A produción realizouna Pancho Suárez de Lis.

Wöyza participou nas duas edición de “Descúbreas” coma mentora.