Yoly saa

Yoly Saa canta a Galicia no seu novo single

A pontevedresa Yoly Saa acaba de estrear “Galicia”, toda unha homenaxe á súa terra. Un tema de sonoridade pop no que se introduce ademais o son da tradicional gaita galega. A súa letra contén múltiples referencias ás cultura e paisaxe de Galicia, como a Praia das Catedrais de Ribadeo, as verbenas do verán ou as perseidas.
 
“Galicia” formará parte do novo disco de Yoly Saa, que verá a luz en 2022. A artista explicou nas súas redes sociais como xurdiu a inspiración para compoñer “Galicia”: “Ás dúas semanas de chegar a Madrid xa quería volverme a Galicia, a miña nai díxome: Aguanta un pouco máis, escribe unha canción onde fales de como botas de menos isto pero aguanta un pouco máis. 3 anos e medio despois sigo aquí e por fin esta canción que tanto me acompañou vai ver a luz. A morriña é real.”
 
O seu videoclip, dirixido por J Chamas, percorre algunhas paisaxes da costa galega como Cabo Silleiro, e xa podes descubrilo aquí: