Yoly saa

Yoly Saa estrea “Ya No Volverás”

A galega Yoly Saa acaba de lanzar un novo adianto do que será o seu álbum debut. “Ya No Volverás”, un tema que fala sobre o fin dunha relación tóxica, foi coescrito pola artista xunto a Ainoa Buitrago e Piero Visciotti.

A portada e o videoclip é obra doutras dúas mulleres: Sheila Orro e Carmen A. Bescansa. En palabras de Yoly Saa: “Unha cousa é para o que din que hai que facer cancións e outra para o que as feixes. Empecei a facelas para tentar entenderme mellor, non vai cambiar a estas alturas”. 

Non te perdas o seu coidado videoclip, rodado nun campo de millo: