YOlyy Saa

Yoly Saa presenta o videoclip de “La Luz”

Compartir

A artista galega Yoly Saa acaba de presentar o videoclip de “La Luz”, un alegre e bailable tema incluido no seu álbum debut “A Golpes De Fe”, xa dispoñible nas principais plataformas dixitais.

“La Luz” é a canción que pecha o disco, do que recentemente falou a artista: “Sinto que cada unha das cancións que forman este disco ensináronme algo importante; o que quero e o que non quero na miña vida, as cousas que me facían ben e de cales necesitaba fuxir, e, sobre todo, onde quería estar e con quen. Cada canción marca un momento, un sentimento, unha sensación. Compoñer este álbum foi unha gran aprendizaxe de vida” .

O videoclip de “La Luz” está dirixido por Alejandro Famos e nel a artista remata disfrutando dunha festa de amigas, entre as que atopamos a artista Ede.

Descúbreo xa!