Zahara e Delaporte xuntas na última entrega de Titanas, “Universo”

O proxecto musical feminista Titanas, impulsado por Delaporte, pechouse coa publicación da versión de “Universo”, que conta coa colaboración da cantante española Zahara. Un proxecto que ten como obxectivo crear unha oda á liberdade e unha aposta á visibilización da muller na industria do directo.

Titanas empezou con Amaral e Delaporte tocando “Las Montañas”. Aos poucos fóronse sumando máis artistas como Rigoberta Bandini ou Rozalén. Podedes escoitar todas as cancións nas diferentes plataformas dixitais, pero agora foi a quenda de Zahara co que se pecha o último capítulo.