II EDICIÓN PROGRAMA DE MENTORING

FAQS

Tes dúbidas sobre o proceso de inscrición?

Se elixes a opción presencial, deberás cubrir o formulario e despois imprimilo para entregalo nunha das sedes da Deputación de Pontevedra, ben na cidade de Pontevedra ou en Vigo, ou ben nalgún dos puntos da rede  Oral (aquí tes o enlace)

Se ti ou a persona que che represente dispoñedes dun Certificado Dixital ou DNI electrónico poderedes realizar a inscrición EN LIÑA seguindo as instruccións do formulario.

Se queres facer a inscrición EN LIÑA pero non dispós do DNI Electrónico ou Certificado Dixital, podes facelo igualmente ou ben solicitando unha CLAVE PIN, que é unha clave de identificación temporal ( proceso que describimos nun apartado a continuación) ou ben recurrindo a unha persoa adulta (que sí dispoña de dni electrónico ou certificado dixital) que che represente no proceso (tamén o explicamos máis adiante).

Nese caso deberá inscribirte unha persoa adulta como representante. No formulario poderás atopar cómo facelo.

Necesitas o teu DNI (e se o fas con representante co seu dni tamén), o teu texto ou Carta de Motivación (coa documentación que consideres importante adxuntar) e un link co acceso ao video da túa interpretación.

Para conseguir a CLAVE PIN en liña e non ter que desplazarte podes facelo por medio dunha Videoconferencia coa administración na que deberás presentar o teu DNI.
Os pasos son os seguintes:

1. Accede ao Formulario EN LIÑA
2. Clica no logo “clave”
3. Clica en “Acceso PIN 24H – Acceder
4- Introduce o teu nº de DNI coa letra
5- Introduce a data de validez do DNI
6- Clica en “Continuar”
7- Se algunha vez xa solicitaches o PIN a opción que che aparecerá será a de “Obtener PIN”. Nese caso clica no botón e xa obterás o PIN.

Pero se é a primeira vez que o pides a opción que aparecerá será a de “Solicitar registro en Clave”. Clica nesa opción.
8- Agora, as opcións que che dará serán, ou ben solicitar envío por correo; ou ben, “También puede registrarse por VideoLlamada”. Elixe esta última opción.
9- Clica en “Hacer una llamada de prueba”. O sistema chequeará o teu dispositivo e comprobará que todo funciona para a Videochamada. Clica en “Salir (da videochamada de proba)”. 
10- Na pantalla que che aparece, clica a opción de “He accedido a la videollamada de prueba …” que habilitará o botón “Acceder a la videollamada”. Clica nel.
11- Terás que esperar uns minutos dependendo da cola de espera, pero a persoa que atenda a túa videochamada guiará o proceso para que poidas ter o PIN 24H. Con ese PIN poderás facer a inscrición EN LIÑA.

Tamén podes inscribirte coa axuda dunha dun/dunha representante con DNI electrónico ou Certificado dixital. Para iso deberás seguir as instrucións do formulario e adxuntar unha declaración firmada por ti onde designes a esa persoa como representante túa.

Podes contactar coa equipa de Igualdade da Diputación en:
– igualdade@depo.es
– ou chamar por tlf ao 986 804 100