rocio caamaño

ROCÍO CAAMAÑO

Son galega, da Ría de Cee, nada menos. As miñas cancións delátanme, en cada unha delas hai anaquiños do meu e do que vexo e sinto… E se, tamén me gusta poñerme na pel doutros e imaxinarme as súas historias, como senten, como pensan. De pequeniña, o meu pai dirixía corais e a miña nai cantaba con el. Con dous anos tíñanme que levar aos ensaios das corais. Sen darme conta, a música e eu empezamos unha gran amizade, de forma irremediable. Uns anos despois decidín chamar (ás agachadas) ao programa de TV “Menudas Estrellas”. Imaxinádevos a cara da miña nai cando chamaron da tele para citarme para o primeiro casting… Fun seleccionada e actuei en varios programas, ata semifinais, onde imitei a Paloma San Basilio. A partir dese momento empecei a aparecer en moitos programas de Televisión de Galicia. Durante a miña adolescencia decidín centrarme nos meus estudos de maxisterio e musicoloxía, pero uns anos despois volvinme a presentar a un talent, OT2017. Cheguei ao casting final, 80 seleccionados entre os dez mil iniciais… E quedeime ás portas… E entón tiven claro que era o momento de facer as miñas propias cancións. Quería crear soños a través da música, levarche a calquera lugar sen moverche, conectar persoas dalgunha maneira, facer un mundo mellor. Así que me sentei ao piano, pechei os ollos e empezou a cheirar a Galicia, e así a xurdiron as primeiras notas de “Enbora” e de “Mar”. En 2019 empecei a actuar en pequenas salas pequenas de Madrid e gravei con Paula González de Ubieta e Jaime Ontoria unha “home demo” de Mar, que decidín publicar en Spotify e que se converteu na miña primeira publicación! Era o xénese.

Instagram

Facebook

Youtube