MULLER, música E talento

Debuxando un novo mapa

Queremos ser parte do cambio na escena musical pontevedresa e axudar a crecer a todas esas voces que permanecían silenciadas.

Un lugar de encontro para todas as profesionais que se dedican á música, xa sexa a través da industria, en educación, comunicación… onde poidan conectar co talento feminino emerxente.

Queremos ser parte do cambio na escena musical pontevedresa e axudar a crecer a todas esas voces que permanecían silenciadas.

 

O proxecto Descúbreas

Descúbreas nace para saldar unha débeda histórica coas mulleres do mundo da música. As mulleres desta provincia contan coa Deputación de Pontevedra como firme aliada para cumprir os seus soños.

Saúdo da Presidenta

Pontevedra é terra de artistas, un ecosistema fértil do que saíron grandes voces do mundo das letras, a pintura, o audiovisual e a música. Pero a cultura e a arte non son alleas ás desigualdades de xénero que a sociedade arrastra de forma estrutural desde hai séculos.

Na Deputación de Pontevedra cremos que chegou o momento de reverter esta situación de desequilibrio e poñer as ferramentas necesarias ao servizo do talento feminino para que as compositoras pontevedresas soen con forza e ocupen o espazo que lles corresponde nos escenarios.

Únete e colabora

Se che interesa tanto coma a nós dar a coñecer o que hai detrás da música, colabora connosco! Queremos facer entrevistas, organizar eventos e actividades para achegarlle a música a toda a comunidade de Descúbreas.

Colabora connosco!