Descúbreas nace para dar a coñecer a música desde o principio e sen deixar a ninguén atrás.
Se queres facer algunha suxestión, queres ser colaboradora ou queres máis información, non o dubides e escríbenos unhas liñas!
Saúdo da presidenta
Pontevedra é terra de artistas, un ecosistema fértil do que saíron grandes voces do mundo das letras, a pintura, o audiovisual e a música. Pero a cultura e a arte non son alleas ás desigualdades de xénero que a sociedade arrastra de forma estrutural desde hai séculos.
Y en la Diputación de Pontevedra creemos que llegó el momento de revertir esta situación de desequilibrio y poner las herramientas necesarias al servicio del talento femenino para que las compositoras pontevedresas suenen con fuerza y ocupen el espacio que les corresponde en los escenarios.
O proxecto Descúbre-as nace para saldar unha débeda histórica coas mulleres do mundo da música. Queremos poñer o foco en mozas de 16 a 25 anos e axudalas a superar calquera barreira invisible que poida frustrar as súas aspiracións profesionais. As nenas e mozas desta provincia contan desde hoxe coa Deputación de Pontevedra como firme aliada para cumprir os seus soños.
Esta plataforma web será un punto de encontro no que conectar ás escolas de música da provincia con talentos emerxentes e con profesionais do sector. O proxecto nace con vocación de tecer redes sólidas por medio dun traballo de información, asesoramento e, finalmente, a gravación de cancións e videoclips.
Saúdo da presidenta
Pontevedra é terra de artistas, un ecosistema fértil do que saíron grandes voces do mundo das letras, a pintura, o audiovisual e a música. Pero a cultura e a arte non son alleas ás desigualdades de xénero que a sociedade arrastra de forma estrutural desde hai séculos.
E na Deputación de Pontevedra cremos que chegou o momento de reverter esta situación de desequilibrio e poñer as ferramentas necesarias ao servizo do talento feminino para que as compositoras pontevedresas soen con forza e ocupen o espazo que lles corresponde nos escenarios.
O proxecto Descúbre-as nace para saldar unha débeda histórica coas mulleres do mundo da música. Queremos poñer o foco en mozas de 16 a 25 anos e axudalas a superar calquera barreira invisible que poida frustrar as súas aspiracións profesionais. As nenas e mozas desta provincia contan desde hoxe coa Deputación de Pontevedra como firme aliada para cumprir os seus soños.
Esta plataforma web será un punto de encontro no que conectar ás escolas de música da provincia con talentos emerxentes e con profesionais do sector. O proxecto nace con vocación de tecer redes sólidas por medio dun traballo de información, asesoramento e, finalmente, a gravación de cancións e videoclips. Queremos ser parte do cambio na escena musical pontevedresa e axudar a crecer a todas esas voces que permanecían silenciadas. Escoitámosvos!
Aínda non recibes a nosa newsletter?
Enviarémosche cada semana un correo electrónico cun resumen do máis destacado.