Carolina Rubirosa alzouse co segundo posto no Liet Festival Internacional de Dinamarca, o chamado “Eurovisión das linguas minoritarias”, este pasado 13 de Maio en Dinamarca.
A representante galega acadou 118 puntos e quedouse a tan só un da gañadora, Doria Ousset (de Córcega), na votación do último xurado. Carolina interpretou “O Teu Camiñar”, a canción oficial promocional do Camiño Inglés de Santiago.
Tras o éxito no festival de Liet, Carolina Rubirosa non descarta presentarse a Eurovisión. Dende Descúbreas dámoslle os parabéns pola súa marabillosa actuación.
