Consejos primeras canciones

Consellos para as túas primeiras cancións

Compartir

Podes facer as túas cancións como che veña en gana, por suposto 🙂 Pero explicámosche un par de argumentos que adoitamos manexar no ámbito da industria musical por se os queres ter en conta 😉 Propoñémosche dividir o ecosistema da música en dous grandes grupos:

  1. A música «comercial». A máis habitual, creada e comercializada para responder a unha demanda previsible e a uns patróns xa preestablecidos. É a música que responde a modas ou a éxitos masivos. É a música que move máis cartos e a un maior número de profesionais da industria musical.
  1. A música «alternativa», xeralmente creada por autoras/artistas que fan cancións absolutamente persoais, sen preocuparse do que poidan pensar os seus posibles fans. Este feito adoita derivar en artistas con propostas atípicas que xeralmente achegan «aire fresco á escena musical» abrindo camiños para novos sons ou novos estilos.

Aínda así, como é evidente, entre unha proposta e a outra existen infinidade de matices: artistas alternativos que teñen éxito masivo, artistas comerciais que pasan absolutamente desapercibidos, artistas que evolucionan de alternativos a comerciais e viceversa… pero quizá a diferenza entre ambos os mundos está no «obxectivo» das cancións e no fenómeno que supón «conectar» cos teus fans. Ter en mente o «pequeno milagre» que supón a comunicación coa xente que che escoita e que se emociona coas túas cancións, cambia completamente o proceso de composición.