dani

dani estrea o videoclip de “CÓDIGOS”

Compartir

Xa está aquí “CÓDIGOS”, o novo e ochenteiro sinxelo da artista galega dani e adianto do que será o seu novo disco, “Posdata”. 

O tema producido por InnerCut, chega acompañado dun orixinalísimo videoclip dirixido por Silvia Coca, responsable tamén das fotografías e portada do single. A dirección de fotografía correu a cargo de Alex Arteaga. 

A peza audiovisual está rodada en formato analóxico , e xa podes descubrila aquí: