dclub band

d´CluB Band lanza a cover de “Let Me Entertain You” de Robbie Williams

Compartir

A banda galega d’CluB Band acaba de lanzar o festivo videoclip da súa cover do tema “Let Me Entertain You” de Robbie Williams.

Formada por Sabela Cereijo, Iván López, Nerea Estévez, Olalla Cereijo, Indira del Campo, Sandra Lima, Karla Lima, Noemí Blanco e Trini Molina, todas con ampla formación e experiencia tanto en música coma en baile e incluso interpretación (algunhas delas son integrantes de bandas como Cherry Sweet ou Atreides), d´CluB band creouse co obxectivo de “entreter, facer disfrutar da música e o espectáculo, crear e emocionar”. De momento xa podes descubrir e emocionarte coa súa cover do hit “Let Me Entertain You”, gravada por Eduardo Cunha e Tincho Fernán, tamén responsable do arranxo e mistura de voces.

O videoclip foi creado por Marcos e Laura da produtora Pixelize Audiovisual. Non o perdas!