Fillas de Cassandra

Fillas de Cassandra estrea o videoclip de “I. ANTÍGONA”

Compartir

Fillas de Cassandra, o dúo galego formado por María Soa e Sara Faro, estrearon xa o videoclip do seu comprometido tema “I. ANTÍGONA”, producido por Berto e masterizado por Carlos Hernández. O single é o primeiro adianto do seu disco debut “Acrópole”, que verá a luz en febreiro do próximo ano e que xirará ao redor das heroínas da mitoloxía clásica, conectando pasado e presente tanto na súa lírica coma no seu son.

O clip está gravado e dirixido por Santi Iglesias, e xa podes descubrilo aquí!