LAW, unha das mozas mentorizadas na primeira edición de Descúbreas, actuará o próximo sábado 27 de agosto no Festival da Luz dentro da programación do escenario Son Emerxente da aceleradora musical iniciativa da Axencia Galega de Industrias Culturais xunto á Fundación Paideia Galiza.
A artista compartirá escenario así cos outros 9 proxectos musicais seleccionados pola aceleradora, como os de Helena Egea, Hydn ou Samudra Trío.
Non perdas a oportunidade de descubrir os novos temas de LAW!