taller de escenario impartido por woyza

Obradoiro “Súbete ao escenario”

Compartir

O sábado 2 de xullo puidemos gozar dun taller coordinado pola artista e cantante “Wöyza”. Esta actividade está enfocada ao coñecemento de todos os procesos que calquera artista realiza ao subir ao escenario. 

A cantante e produtora Wöyza impartiu o pasado sábado un taller ás mozas do programa de Descúbreas Mentoring, así como a outras artistas que acudiron ao evento. Durante a actividade, as participantes coñeceron, primeiro os materiais e documentación técnica previos a un concerto, como son o rider técnico, as partes que o compoñen, por que é importante, etc. 

Despois, como levar a cabo unha planificación da posta en escena: disposición do escenario, as diferentes persoas que traballan para que o son da banda sexa perfecto, o equipo técnico necesario. Wöyza tamén tratou outros aspectos sobre a actitude sobre o escenario e animou ás mozas para ver concertos doutras profesionais, para observalos desde a perspectiva técnica e artística.

TALLER ESCENARIO