aamigafea

aamigafea son fillas do seu tempo, delas nacen temas que, sendo aparentemente mundanos, revelan o universal co que calquera podería identificarse. Empregando pop electrónico e moita performance, reflexionan sobre as vicisitudes da vida posmoderna desde a perspectiva do outsider.

Musicalmente beben de estilos que van desde a cumbia, o reggaeton ou a rancheira, todo envolto no pop máis bailable. A través do selo houseoffea, enriquecen e completan o seu concepto colaborando con outros creadores usando soportes multidisciplinares.

“Ese grupo que comezas escoitando de xeito irónico, pero que che acaba gustando de verdade. Excéntricas, peculiares no bo sentido, un despropósito. E iso non é molar pouco”.

Facebook de aamigafea

Youtube de aamigafea

Instagram de aamigafea