Compás é unha Escola de Música aberta no ano 1985, que pasou pola man de moitos profesionais. Actualmente é un centro que abre dúas posibles vías:
Unha delas centrada na música clásica e o coñecemento das diferentes interpretacións ao instrumento das distintas obras ao longo da historia (dunha maneira máis profesional).
A outra vía lúdica, onde crear música está ao alcance de todo o mundo, para poder gozar e pasalo ben dunha maneira máis relaxada.
Compás pretende ser un espazo onde se compartan todas as experiencias musicais dos seus alumnos e alumnas, un espazo no que se desenvolven proxectos máis aló da clase individual.
Ofrecen diferentes cursos e formatos:
- Acércate á Música.
De 2 a 3 anos. - Música e Movemento.
De 4 a 5 anos. - Clases de instrumento en tres niveis:
- Iniciación en idades temperás.
- Intermedio.
- Nivel alto e/ou preparación ao conservatorio.
- Clases Teóricas:
- Linguaxe musical.
- Linguaxe para adultos.