Alba Messa

Alba Messa é unha artista que leva practicamente toda a súa vida sobre os escenarios. Empezou a cantar sendo tan só unha nena, participou en talent shows infantís e innumerables programas de televisión, e na súa adolescencia comezou a súa carreira como actriz.

Compaxinou o seu traballo como actriz (‘Isabel’, ‘Ciega a Citas’, ‘Summertime’, ‘Colegas’ )  coa publicación de varios singles propios (‘Días’, ‘Tú y solo tú’, ‘Sola’, ‘Princesse Violette’…), colaboracións con outros artistas e composicións para proxectos de cinema (autora e intérprete do tema central de La mujer que hablaba con los muertos’ de César del Álamo), teatro (creou a música da obra ‘Sin Vacaciones’ de Juanmi Díez e interpretouna en directo en cada función) e televisión (compuxo e interpretou cancións para a serie ‘Colegas’ dirixida por Peris Romano para PlayZ de TVE). Así mesmo, os seus covers  e “ mamarrachadas” contan cunha ampla presenza no dixital.

En outubro de 2017 publicou o seu primeiro EP Valiente. Con el deuse a coñecer definitivamente como música, recibiu un bo apoio mediático e a súa xira percorreu gran parte de España.  Tamén foi finalista do Be Fresh Festival e galardoada como artista revelación nos premios EDM Radio, ademais de teloneiroa/teloneira de artistas como Andrés Suarez.

En 2018 avanzou o seu novo son co singles ‘Hombre de Hielo’ y ‘Fantasma’ (‘Mejor canción de 2018’ según las votaciones de I Am Here Magazine), que forman parte do disco ‘Con todas las consecuencias’ lanzado o 22 de febreiro de 2019.

WEB DA ARTISTA

ESCÓITAA