antia muiño

Antía Muíño

A artista compostelá Antía Muíño bebe da canción de autor, do jazz vocal, do folk alternativo e da música tradicional galega; o que a convirte nunha artista transversal á hora de formar parte dos circuitos da esfera musical, movéndose dende a facción máis folclórica a máis alternativa e colaborando con artistas de rexistros tan diferentes como Baiuca, Xabier Diaz ou Néboa.

No ano 2022, Antía fíxose co galardón a “Mellor Artista Emerxente” dos Premios Martín Códax da Música Galega e foi elexida, en decembro dese mesmo ano, pola plataforma Spotify como embaixadora do programa EQUAL que visibiliza o trabajo de mulleres artistas en todo o mundo.

No seu álbum debut, “Carta Aberta”, Antía vai habitando diferentes atmósferas pero sempre coa canción galega como punto de conexión. Podemos encontrar versións de coplas tradicionais ou de cancións tan coñecidas como “La Llorona”, adaptacións de poemas de María Mariño, Manuel María ou Carvalho Calero pero tamén composicións propias, do seu puño e letra. “Carta Aberta abre un novo horizonte á música que se fai dende o corazón”.