A Tempo escola de música

A Tempo Escola de Música

A escola de música A Tempo créase no ano 1998 co obxectivo de:

Promover os estudios de jazz e música moderna , e tamén os estudios de música en xeral, en especial a formación musical infantil, a través de unha estructura organizada e sustentada en programas de estudios avalados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Procurar a combinación de ensino teórico e práctico, a través da práctica en diferentes grupos: combos, música de cámara, orquestra, coro, etc… en colaboración con profesores e profesionais de prestixio.

 Proporcionar axuda a todolos que pretendan estudiar música dende os niveis iniciais ata os estudios profesionais. Os nosos programas de estudios adaptanse as necesidades do alumno, dende a preparación de provas de aceso a escolas superiores de música moderna de España e Portugal, a conservatorios e tamén formación musical a afecioados de todalas idades.

 Oganizar seminarios, aulas maxistrais e sesións musicais a cargo dos profesores, alumnos e grupos da escola, procurando espazos de relación con outros alumnos e profesores, posta en práctica do estudiado a través das sesións de música.

 Inscrita no rexisto de escolas de música da Consellería de Educación da Xunta de Galicia  nº 36024033

 Espazo A Tempo Pontevedra

Praza A Castaña nº 2-baixo. Pontevedra

 Espazo A Tempo Pontevedra é un local especialmente acondicionado para o desenvolvemento de actividades musicais nas súas vertentes de interpretación, composición e educación musical. É tamén un espazo de colaboración e cooperación entre músicos profesionais, profesores e alumnos de música de todas as idades e intereses.

 Espazo A Tempo Pontevedra alberga unha escola de música, A Tempo, inscrita no rexistro de escolas de música da Consellería de Educación e traballadores autónomos que imparten clases de música en réxime de alugueiro de estudos para músicos (profesores que teñen un proxecto pedagóxico persoal e alumnos interesados en recibir esa formación específica. Os intérpretes profesionais poden optar pola nosa fórmula de management (contratación, xestión e cachet).

 Froito da cooperación entre profesionais da música, Espazo A Tempo Pontevedra tamén é sede de orquestras e grupos formados por profesores e intérpretes, como as orquestras Ribeira Sacra Jazz Orquestra (profesional), Nenos Non Jazz (novos estudantes) dirixidas por Miguel Rodríguez, director da Tempo Escola de Música, grupos de música cubana (Yanet Carrazana, Eddy Ponce), de jazz (Sarunas Pupelis, Noli Torres), rock (Rubén Iglesias, Manuel Díaz), folk e clásica (Beatriz Andino, Laura Moure).

 Dende o noso Espazo queremos invitarvos a todos a vivir a música do mesmo xeito que nós a vivimos. A nosa proposta de valor na cidade de Pontevedra é ofrecer un Espazo onde se respire o arte emerxente e colaborativo. Formación, experiencias, ensaios, concertos, asesoramento musical e moito máis é oque podedes atopar en Atempo Escola de Música.

A Tempo Escola de Música  
Praza A Castaña, 2 – baixo
36002 – Pontevedra
986 84 41 04 

652 40 39 40

653 36 62 08

atempo.org@gmail.com  

http://atempoescola.es