belem tajes

Belém Tajes

Belém Tajes é cantante, compositora e especialista en Musicoterapia. Naceu en Bos Aires pero críouse en Arou (Camariñas) onde comezou a tocar e cantar en agrupacións tradicionais á vez que aprendía das cantigas das súas avoas.

Estudou violoncello no “Conservatorio de Coruña”, gaita na “Escola de Música de Oleiros” e no “Conservatorio de Carballo” e Maxisterio Musical en Santiago de Compostela. Impartía clases a crianzas ata que a chamaron para forma parte, como cantante, na xira “XXX Aniversario” de Luar na Lubre, o que a levou a recorrer os principais teatros do país e a visitar diferentes países como México, Francia, Bélxica, Portugal, Escocia e Reino Unido.

Participou en varias formacións musicais como cantora e percusionista con Uxía, Ugia Pedreira e Sonia Lebedinsky, con Xosé Luis Romero e Aliboria, co gaiteiro Xulio Lorenzo, con Pesdelán e no coro “Sisters in the House” de Carmen Rey, entre outros.

Foi a música elixida para representar a Galicia no proxecto “Tosta Cultural Cargo”, sobre linguas minorizadas do Atlántico Norte. Dentro deste proxecto publica o libro “Cantos do mar de Irlanda”, unha compilación de músicas, relatos e experiencias persoais vividas durante o seu paso por Irlanda.

Belém Tajes liderou o proxecto Vudú que foi galardoado cun “Premio Martín Códax” e cun “Premio Opinión de Músicas de Raíz”.

O seu primeiro traballo en solitario é un EP de cinco cancións inspiradas no seu lugar de nacemento, Argentina, que ten por nome “Un Mapa”. En palabras de Belém o album é “un mapa deses que din está usted aquí, pero para saber onde estás agora, tes que saber de onde ves. Eu son filla (e neta) da viaxe”

YOUTUBE

SPOTIFY

FACEBOOK

INSTAGRAM