Carlota Crey

Carlota Crey

Carlota de Cabo Rey (Carlota Crey), nace en Pontevedra, Galicia o 29 de agosto de 1996.
 
Actualmente e tras rematar a carreira de Piano polo Conservatorio de Vigo, Carlota atópase traballando no que será o seu vindeiro proxecto como artista, e ao mesmo tempo prepara o master online de enseñanza musical co que se lle poderá habilitar para poder exercer como docente de música.

Con 24 anos, Carlota Crey, de natureza creativa, cantante, pianista e compositora, está demostrando que se pode xestionar una carreira musical de maneira case independente.

O proxecto Carlota Crey, cuxo éxito se cimenta nas redes sociais como Instagram ou Spotify, surxiu a raíz do seu primeiro traballo individual como artista “A Happy Workout Covers”, actualmente ”Covers” (un disco de versións de diferentes estilos lanzado no 2016).

Neste camiño de esforzo e dedicación que comezou dende moi pequena, Carlota e o piano convértense nun equipo e logran crear un fenómeno musical máxico, claro e fresco disposto a medrar e evolucionar cun público real, fiel e agradecido como trata de ser ela. O seu lema: “A bondade sempre gaña”.

Tras os seus concertos en lugares tan exclusivos como o espacio multidisciplinar e creativo Nemonon do arquitecto Mauro Lomba (Pontevedra) ou o Liceo Casino de A Caeira, Carlota se atopa en pleno momento de crecemento. O concerto máis importante ata o día hoxe tivo lugar na Praza da Ferraría o pasado 7 de agosto, con motivo de apertura da Semana Grande: As Festas da Peregrina de Pontevedra (a súa cidade natal). 

Con 2 discos producidos as súas espaldas en tan só 3 anos, Carlota Crey está conseguindo algo moi bonito como artista: chegar ás persoas a través da música. 

Tras ver a luz en novembro de 2016 o seu primer álbum de versións, 3 anos máis tarde, en xuño de 2019, presentou o seu segundo traballo “Ephemeral”. Durante ese tempo e dende entón, novos singles e colaboracións viron a luz coma “Hallo Christmas” (seu primeiro traballo de carácter navideño) “Imposible de Borrar” ou “Sueño Lento” (en colaboración co proxecto de Juan Carlos Redondo en donde os beneficios ían destinados ao pago de gafas graduadas dos nenos de Pontevedra). A súa vez, Carlota Crey tivo a suerte de colaborar nun tema en acústico “Puentes Blindados” xunto á cantante madrileña Carlota Mad. 
 
O seu traballo máis recente trátase de ”Cuentos”, outra importante colaboración, fruto do confinamento, co artista catalán Paul Klason.

O valor da proposta de Carlota va máis alá do seu talento. Dende a súa infancia tivo claro o seu rol como persoa e influencia positiva con cancións como “Haga lo que haga” (en homenaxe a seu pai) ou “Libre” (destacando a idea de que todo o mundo debe facer aquelo que lle satisfaga como persoa e faga feliz).

A través da música, Carlota intenta facer hincapié no que de verdade importa.

ESCÓITAA