Cristina Andina

Cristina Andina é fotógrafa autodidacta especializada no ámbito cultural.

Comeza no ano 2012 colaborando coa sala de concertos Leclub e a partir de aí faise un oco na fotografía musical e cultural. Actualmente é fotógrafa do festival Elas Son Artistas e foi fotógrafa de o 17º Ribeira Sacra, Outono Códax Festival, PortAmérica e Festival de Cans.

Realizou varias exposicións, tanto individuais como colectivas, destacando a súa homenaxe ao teatro en “Outra pel, outro rostro” e a súa exposición “7 años de música” onde fai unha recompilación de algúns dos artistas que fotografou en directo desde o 2012 ata o 2019.

A finais de 2018 foi galardoada co Terceiro Premio na categoría Gente dos IPA Spanish Photo Awards co retrato titulado “David”.

Colabora habitualmente desde o 2019 coa axencia internacional de fotografía Getty Images na cobertura de noticias e eventos na zona de Galicia.

Web de Cristina

Facebook de Cristina

Instagram de Cristina

Vimeo de Cristina