Erea Castro

Erea Castro reivindica a través da súa música a cultura dos espazos transfronterizos nun traballo que pretende ser unha referencia dentro do World Music.

A través das músicas creadas pola artista e as versións que trae de temas consagrados, tanto da música portuguesa como española, crea un fío conductor polo que transitarán os espectadores, experimentando todo tipo de emocións: a nostalxia, o amor, o sentido de loita na vida ou a alegría de vivir.

Nada nunha das fronteiras entre España e Portugal, creceu oíndo a costante mestura musical que se producía entre os dous países. Comezou a cantar con tan só 3 anos de idade.

Ó longo da súa vida, participou en diferentes certames como o Karaoke Internacional, obtendo un terceiro lugar; no Festival da Canción de Ordes, categoría profesional, onde conquistou o segundo lugar, e participou tamén na primeira edición de Recantos do programa LUAR, na TVG. Nos últimos anos colaborou con músicos de gran recoñecemento nacional portugués como Marco Rodrigues ou José Cid no Altice Arena de Lisboa (2020). 

Dende 2016 traballou no que constitúe o seu primeiro sinxelo “Arraial”, gravado entre Setúbal, Sesimbra, Mafra e Oporto, contando con grandes músicos do panorama portugués como Bernardo Viana (viola de fado), Pedro Viana (guitarra portuguesa)Valter Rolo (arranjos e piano), Frederico Gato (baixo) e Sertótio Calado (percusión), entre outros.