Érika Vázquez

Érika Vázquez Pérez naceu en Vigo o 12 de setembro de 1993 e é compoñente de Broken Peach desde 2014. Sempre lle gustou cantar, desde pequeniña, pero é unha persoa moi tímida. Dáballe vergoña falar coa xente e cantar era un imposible. Xamais se imaxinou subida a un escenario con todo o mundo mirando, dáballe pánico! Ata que un día, cando tenia 20 anos, presentóuselle a oportunidade; armouse de valor e dixo “ou agora ou nunca!”
Ela di que “foi a mellor decisión que puiden tomar”. Grazas a iso e á oportunidade que lle brindaron, traballa do que máis lle gusta no mundo, a música. O seu hobby é o seu traballo desde fai xa sete anos. Broken Peach é “unha gran piña, como unha familia mesmo coas súas ‘cousiñas’ como pasa en calquera outra”. Ensináronlle e aprendeu unha chea en sete anos, aínda que recoñece que “aínda me queda moito, moitísimo por aprender”.
Erika di claramente que “son moi feliz por poder formar parte de Broken Peach”.