Estefanía Cereijo

Estefanía Cereijo Omil (Bueu, 1995) inicia os seus estudos de música aos 11 anos de idade no concello de Bueu, formación que continuou no CMUS Profesional de Cangas do Morrazo vaixo a tutela de Susana Moreira, onde obtivo as máximas calificacións (Matrícula de Honra).  Licenciouse en Piano na Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo de Oporto (ESMAE), baixo a tutela do maestro Luís Filipe Sá, con quen realizou ademais os estudos de Máster en Performance. De forma paralela realiza o Grao Superior de Piano coa profesora Mª José Cid  no Conservatorio Superior de Música de Vigo, logrando Matrícula de Honra. Ademais, realiza na mesma institución o Grao Superior de Música Antigua – Clave con María del Mar Blanco Moreno.
No ámbito pianístico recibibiu masterclases de grandes maestros e maestras como Anna Fedorova, Imre Rohmann, Zoltán Kocsis, Dmitri Bashkirov, Katia Veekmans, Éliane Reyes, Ana Guijarro, Valentina Igoshina, entre outros. Formou parte de variadas agrupacións camerísticas como o Sexteto Ibérica, creado no ani 2014 en Oporto.
Ao longo da súa carrera, actuou en diversos auditorios e teatros de España, Portugal, Holanda, Luxemburgo, Francia, Lituania e Italia.
Foi membro de diversas orquestras sinfónicas, entre as que destacan a Nationaal Jeugd Orkest (NJO), a Joven Orquesta de Extremadura (OJEX), a Atlantic Coast Orchestra (OCA) ou a prestixiosa Gustav Mahler Jugendorcherter (GMJO). Tamén colaborou coa Orquestra Sinfônica do Porto Casa da Música e forma parte da bolsa de instrumentistas da Orquesta Reino de Aragón (ORA).  Toda esta actividade levouna a traballar baixo a batuta de directores de renome como Daniel Harding, Lorenzo Viotti, Andrés Salado, Baldur Brönnimann ou Clark Rundell.
Como solista interpretou o Concerto Nº2 para Piano e Orquestra Op.21 de F. Chopin coa Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección do maestro Maximino Zumalave e as Totentanz s. 126 de F. Liszt coa Orquestra Sinfónica do CSM Vigo e o maestro Javier Viceiro-Filgueira.
Foi galardoada con diversos premios, nos que destacan o I Premio no IV Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Música de Vigo (Vigo, España), o III Premio no 14º Concurso Internacional do Alto Minho (Caminha, Portugal), o I Premio no  concurso Music Without Limits (Drunskininkai, Lituania), a mención de honra no XXXV Premio Interpretación Sociedad de Conciertos – Oftalvist e o primeiro premio no XV Premios á excelencia musical Mans Futuro 2020. Grazas a este último relizara o seu primeiro traballo discográfico en marzo deste ano 2021.
Estefanía compaxina a súa carreira como músico realizando una intensa labor como pianista acompañante e docente. Dende octubre do 2020 é profesora titular no Centro Superior de Música de Galicia.