GHAVETA

Ghaveta

Ghaveta é un cuarteto de Mondariz (Pontevedra) formado no ano 2013 que nos convida a facer un percorrido pola música galega, desde a máis tradicional ata a máis nova, da man de instrumentos capaces de ofrecer infinidade de timbres e texturas distintas dentro da calidez propia da música de raíz. O grupo está formado por Beatriz Martínez á arpa, Felipe Rodicio no violín, Marta Valladares na voz, bouzouki e percusións e Diego Langarika á guitarra acústica e bouzouki, todos cunha ampla traxectoria musical previa. 

Facebook

Instagram