Guadi Galego

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha carreira musical que comeza sendo moi nova.

En 1997 entra a formar parte de Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e merecedores de varios premios e recoñecementos (entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). En 2006 publican 10.0, que acadou o 2º Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema “Xente”.

Despois dunha longa carreira, en outubro de 2019 publica Immersion, un traballo no que reinterpreta temas dos seus tres discos anteriores cantados en sete linguas peninsulares: galego, catalá, castellano, asturianu, aranés, euskera e portugués. Neste traballo conta coas colaboracións de numerosos artistas como Iván Ferreiro, Andrés Suárez ou Silvia Quesada.

Por este traballo, foi galardoada co Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado 2020. Este ano volve recibir o Premio Martín Códax da Música á Mellor Artista en la categoría de Indie/Pop.

O 20 de novembro de 2020, sae ao mercado e as redes o seu 5º disco en solitario, Costuras. Ao igual que o anterior, Guadi traballa neste disco cos produtores cataláns Vic Moliner e Pau Brugada (Olivera Estudi).

WEB DA ARTISTA