Her Beats

Her Beats, un proxecto de DJP Music School no que a través de sesións mensuais traballan diferentes aspectos profesionais do sector musical como: produción, composición, enxeñería musical, arte sonora, Djing, promoción de artistas, creación de eventos, entre outros. Estes talleres son de carácter gratuíto para mulleres maiores de 18 anos.
O proxecto pretende tender unha ponte entre a música electrónica e mulleres DJ’s, produtoras, artistas ou simplemente amantes da música. Unha iniciativa deseñada para apoiar o rol da muller dentro da industria, brindándolle formación e acceso a ferramentas que fomenten o seu talento.