É guitarrista profesional nada en Ourense, pero actualmente reside en Madrid traballando na súa carreira profesional. Traballa como músico de estudo e de directo e colabora en innumerables proxectos desde os 18 anos. Por outra banda, fixo xiras por España, Inglaterra, Finlandia, Rusia, Alemaña e Portugal, apareceu en televisión en programas como Conciertos de Radio 3 ou Late Motiv de Andreu Buenafuente e traballou con referentes musicais do noso país como Burning, Julián Maeso, Hendrik Röver, Zahara, etc. En 2020, foi elixida polos 40 Principales como unha das guitarristas referentes de España, e nomeada xurado por RockFm no concurso para elixir ao Mejor Guitarrista del País en este mesmo ano.
INFO: 40Principales