Lucía Aldao

Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor.

PAVA é o título do seu primeiro proxecto musical en solitario, e conta coa produción de Diego Delgado.

Atoparás os cinco temas incluídos en PAVA aloxados en múltiples plataformas, pero non existe nos formatos físicos habituais. A cambio, PAVA inclúe unha pequena escultura das 100 que a artista Laura Pazos elaborou en exclusiva para o proxecto.