Lucía Lago

Lucía Lago saíu a formarse fóra con Andrea La Hora e desde aí non parou de formarse. A súa voz creceu con xente nacional como Helen Rowson, Mamen Márquez, Liliana Aracil, Miguel Manzo, Irene Shams… e internacional como Darren Wilks, Jeffrey Skouson, Linda Tomkinson, Greg Manriquez, Chelsea Wilson, Heidi Krenn… Parouse? Non, a día de hoxe sigo a súa formación, “porque a voz é un instrumento infinito, é un pequeno tesouro que temos dentro da nosa garganta e do que descoñecemos o seu brutal potencial”. Sempre lle di as os seus alumnos “somos musculatura porque é o que debemos estar ben adestrados, somos como deportistas profesionais pero usamos un conxunto de músculos que se atopa dentro da nosa larinxe”.

Ademais de canto, tamén é profesora de infantil, xa que é diplomada en Educación Musical. A súa especialidade é os nenos menores de 3 anos cos que “descubro cada día a capacidade destes pequenos para absorber a música”.

Ela recoñece que “non todo foi fácil. A música non é unha carreira moi recoñecida: tes que compaxinar cos estudos que se solapen (instituto, universidade…) coa vida dun músico. Pero todo esforzo merece a pena! Vivo da miña paixón, o que fai que teña unha vida plena”.

Lucía nunca para e aínda que dirixe unha escola, séguese formando e é nai de familia numerosa levou acabo outros proxectos artísticos. Un destes proxectos é As Maimiña, un grupo de música infantil, que creou coa súa compañeira Irene e co que publicaron dous libros coa Ed. Galaxia. Ademais, realizaron un festival chamado CantoConto.

Escola Maison

CantoConto